Fandom

Scratchpad

1 CONSTRUINDO A NACIÓN DESDE OS CONCELLOS

219,581pages on
this wiki
Add New Page
Discuss this page0 Share

CONSTRUINDO A NACIÓN DESDE OS CONCELLOS

Construíndo a nación desde os concellos

O BNG, desde o seu compromiso coa profundización no noso autogoberno a través dun novo estatuto de nación, aposta polo proceso de internalización das entidades locais galegas, convertendo o ámbito autonómico no seu espazo de referencia. O BNG é garantía do desenvolvemento dun novo mapa administrativo galego sustentado nos concellos, as parroquias, comarcas e áreas metropolitanas, que superen ás deputacións provinciais e o exercicio localista do poder municipal. Asimesmo, e neste obxectivo de construírmos a nación desde os concellos, para o BNG a relación das institucións locais co goberno galego debe guiarse pola dialéctica da cooperación e non pola competencia e confrontación. Cómpre afortalar a FEGAMP como asociación de concellos que cumpra os obxectivos para a que foi creada, un instrumento acaído para a integración da política municipal no proxecto nacional, fronte á instrumentalización partidaria que pon en perigo a súa viabilidade futura. A aplicación do Pacto Local para un desenvolvemento e unha clarificación competencial integrados no proxecto nacional de Galiza e o traballo a prol dun novo modelo de financiamento local que remate co raquitismo orzamentario estructural dos concellos, permitirán dotar a estes de instrumentos xurídicos e financieiros acaídos para os seus fins. A lingua, o territorio e a cultura son os nosos máis prezados sinais de identidade, elementos que nos singularizan e definen como nación. A destrucción do territorio é un dos problemas máis graves que ten hoxe en día Galiza. Por iso, o BNG construirá a nación desde os concellos tamén a través das súas políticas de ordenación territorial e planificación urbanística, sempre inseridas nas directrices nacionais de ordenación do territorio e cara os obxectivos do desenvolvemento sustentábel, equilibrio territorial, urbanismo racional e ordenado e protección do ambiente e a paisaxe. Preservar, normalizar e potenciar a lingua e a cultura seguirá a ser igualmente un obxectivo preferente do nacionalismo. O BNG constrúe a nación desde os concellos, unha nación solidaria e comprometida, tamén desde a acción de goberno municipal, na cooperación e na solidariedade internacional. Avanzando na mellora da calidade de vida Para o BNG os concellos son un instrumento fundamental para a mellora da calidade de vida e a conquista do benestar e a igualdade. As actuacións en materia de infraestruturas no ámbito local, aínda sendo importantes no obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas, téñense revelado insuficientes. Por iso, BNG é conscente de que a mellora das condicións de vida pasan ineludibelmente por priorizar desde os concellos as actuacións de promoción económica e creación de emprego, os programas de benestar social, as políticas sociais de vivenda, o obxectivo ineludíbel da igualdade entre homes e mulleres e o impulso de políticas transversais e transformadoras para a mocidade, o ordenamento do territorio e a planificación urbanística ao servizo do interese público, a protección do medioambiente, a implementación de políticas e a dotación de equipamentos educativos, sanitarios, culturais e deportivos ou a introducción na administración local e o achegamento aos/ás cidadáns das novas tecnoloxías. Ámbitos de actuación todos estes, para os que o BNG oferta unhas políticas transformadoras da realidade e con solucións aos problemas de xestión cotiá que a sociedade demanda.

Rexenerando a política e profundizando na democracia participativa

O BNG é recoñecido hoxe na sociedade galega como garantía dos valores éticos na política. Garantía que se traduce en concellos transparentes e igualitarios no trato aos/ás cidadáns e no respecto aos seus dereitos, en gobernos municipais e cargos públicos comprometidos na súa acción política sempre co interese público e nunca co privado ou particular e en gobernos municipais que entenden a concreción práctica da democrácia no diálogo e na participación activa e directa na vida municipal dos/as cidadáns e das súas organizacións representativas.

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.

Also on Fandom

Random wikia