Fandom

Scratchpad

VOLGA

215,965pages on
this wiki
Add New Page
Discuss this page0 Share

Ad blocker interference detected!


Wikia is a free-to-use site that makes money from advertising. We have a modified experience for viewers using ad blockers

Wikia is not accessible if you’ve made further modifications. Remove the custom ad blocker rule(s) and the page will load as expected.

Welcome to the VOLGA mini wiki at Scratchpad!

You can use the box below to create new pages for this mini-wiki. Make sure you type [[Category:VOLGA]] on the page before you save it to make it part of the VOLGA wiki (preload can be enabled to automate this task, by clicking this link and saving that page. Afterwards, you may need to purge this page, if you still see this message).


O Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG, coloquialmente pronunciado VOLGA) é a ferramenta léxica básica para a normativización do galego. Con máis de corenta mil entradas, establece a alternativa correcta para a grafía das familias de palabras que inclúe, sen especificar ningunha decisión para o resto. A pesares de que se realizase co coidado que esixe unha obra normativa deste carácter, todo ser humano ten erros e despistes, polo que creamos esta wiki para ir depurando ou explicando a utilización técnica do VOLGA nos procesos que impliquen a normativización, tradución e terminoloxía da lingua galega. Este cometido será moi útil coa axuda da comunidade galegofalante que traballa tódolos días coa lingua, polo que vos emprazamos como usuarios do galego a colaborar e contribuír coas vosas observacións, sempre dentro dun carácter construtivo e analítico. Tamén estamos abertos a incluír incorreccións e as súas formas en galego normativo.

Simplemente terás que facer unha busca na caixa de enriba á esquerda e logo premer sobre a ligazón vermella que aparece arriba no centro. Editar é moi sinxelo: non precisas ningún programa, nin case coñecementos de páxinas web, nin sequera rexistrarte, nin tan sequera saber galego correctamente. Buscamos divulgar a lingua galega con corrección e axudar ós falantes a entender as razóns polas que se fixeron as escollas normativas. Esperamos que che sexamos de tanta utilidade que tamén ti chegues a preguntar, participar, colaborar e mesmo rexistrarte.

Cando crees unha páxina, para podérmola atopar, debes engadir ó final o seguinte:

[[Category:VOLG]]

Se o que queres é facer unha busca no VOLGA, podes facelo na base de datos da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/volga

Also on Fandom

Random wikia